Toggle navigation
xurxovigo 287w ago
Castro de Vigo

More posts from this user

Nos espazos máis tristeiros tamén hai sempre fermosas raiolas de esperanza
Sabemos, non sempre, onde comeza o camiño. O que non sabemos case nunca é onde remata, mais a andaina sempre paga a pena facela...
A primavera asoma serodia e con acougo amosa a súa beleza, coa sinxeleza da promesa cumprida dun tempo mellor. Aproveitémolo...
A negra sombra
sempre é a nosa compaña,
perta e alongada
na luz e nas tebras,
delgada e feble,
non sempre,
canda nós,
discreta e calada.

Homenaxe a Rosalía de Castro que naceu tal día coma hoxe no 1837 aínda que segue a estar totalmente vixente
Ningún sacrificio ha quedar sen recompensa, ou sí. O que paga a pena é alomenos tentar facer o esforzo
Na procura da luz, tentando fuxir das tebras que nos asolagan. Hei volver por onde xa camiñei, hei de camiñar por onde aínda non fun. Procurarei que isto sexa unha volta na que teña algo, por pouco que sexa que achegar...
xurxovigo 142w ago
Nacidos para posar. Nala, a última (derradeira?) adquisición felina da casa. Recollida na rúa hai tres meses
xurxovigo 146w ago
Semella que os ebanistas tamén son quen de crear flores fermosas. Canto máis miro o mundo urbán que nos rodea aséptico nas cidades máis agradezo a beleza dos pequenos detalles
xurxovigo 148w ago
O arco da vella sempre agocha as súas incógnitas, os seus misterios, as súas incógnitas... Onde comeza e onde remata?
Sempre pensei que era máis aló da outra banda da nosa ría de Vigo. Seica estaba trabucado
xurxovigo 156w ago
As ninfas máis fermosas, naiades eternas, saen ás veces a contemplar as pozas que as acubillan
xurxovigo 158w ago
O tempo pasa axiña e fai esquecer doadamente que o hoxe gris e chuvioso ven dun onte luminoso que ata se despediu agarimoso
xurxovigo 158w ago
As primaveras máis fermosas, os veráns máis agradables, son os que chegan cando non agardas por eles... Benvida sexa esa luz, esa alegría luminosa coa que nos agasalla este outono fuxidío!!
xurxovigo 158w ago
Hai árbores que son tan súas coma algunhas persoas e gustan de seguir o seu propio ritmo vital. Este meu camelio veciño ten por costume florecer cando comeza o outono. Se cadra temos eiquí un exemplo a seguir
xurxovigo 159w ago
Sitting on the bench of the bay...
Sempre resulta gratificante ver que hai xente que sabe gozar dos pequenos (ou grandes) praceres da vida
xurxovigo 159w ago
O paso do tempo seica nos fai mellores, máis sabios..., Non sei! Se cadra é certo, probablemente non tanto, pero algo hai na cachazuda paciencia infinita da miña gata Capri na fronteira xa dos vinte anos que me fai confiar nesa perspectiva optimista de que aínda, por pouco que sexa, temos algo que dicir, algo que achegar...!!!
xurxovigo 160w ago
Marcha outro verán, mais o vindeiro non ha tardar en chegar... Benvido, outono!! Non nos asolagues, non nos fagas afogar...
xurxovigo 160w ago
Algúns lugares, algúns edificios, semellan pedir que os miremos como fotos antigas, como vellas postais...